Corte de auga en varios puntos de Malpica durante a madrugada deste venres

PIXABAY

  • Este corte é necesario debido ás obras que se acometerán no depósito de Pedra Queimada

O Concello de Malpica comunica que desde as 23:00 horas de hoxe e ata as 07:00 horas deste venres producirase un corte da subministración de auga nalgúns puntos da localidade debido «aos traballos de mantemento que se realizarán no depósito de Pedra Queimada».

Os lugares afectados son Malpica núcleo, A Camuza, Cancela de Areas, Seaia, Pedreiriña, Sorrío, A Vista, Os Medros, Vigo, Pontella, Camarada e Beo.