39
Este xoves 26, desde as 22:00 horas, producirase un corte de tráfico na estrada AC-552, entre a rotonda de Sabón e a rotonda de Pescanova. Este corte será efectivo ata as 06:00 horas do venres 27, e o tráfico será desviado pola Travesía de Arteixo.
O motivo desta actuación son as obras de asfaltado dese tramo da estrada, incluídas nos traballos de ampliación da vía que contará cun carril máis. O obxectivo é mellorar a capacidade de entrada de vehículos en Arteixo e Sabón. O corte tamén afectará aos garaxes que teñan a súa saída nese tramo de carretera.