Corte de tráfico por obras, a partir do luns, na AC-453, de Ames a Val do Dubra


As obras de mellora do firme na estrada Roxos-Portomouro (AC-453), ao seu paso polos concellos de Ames e de Val do Dubra, farán necesario un corte de tráfico a partir do vindeiro luns.

Este peche de circulación, que se prolongará ata o 19 de novembro, manterase durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día.

Cómpre lembrar, que de modo similar ao anterior corte, o tránsito estará permitido para os residentes e os vehículos escolares. Así, para estes usuarios, cortarase un carril na zona de traballo e haberá circulación alternativa regulada con semáforos.

Os demais usuarios da estrada, incluídos os vehículos pesados, deberán adoptar un itinerario alternativo, que estará sinalizado coa necesaria antelación.