Corte na estrada DP-7804, Val do Dubra-Santiago, onde se construirá unha nova ponte

1 minutes read

O servizo de Vías e Obras da Deputación da Coruña comunica o corte temporal do tráfico, entre o próximo martes, 13 de outubro, e o 15 de marzo de 2021 do tramo da DP-7804 Santiago-Val do Dubra que discorre entre os puntos quilométricos 18,9 e 20,4 para a construción da nova ponte sobre o rego Gatofero.

Durante este tempo habilitaranse desvíos provisionais, que estarán sinalizados. As obras consistirán na demolición completa da ponte actual, con só 6 metros de ancho que resultan insuficientes para a nova sección da vía, e a construción dun novo viaduto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 de beirarrúas, que se situarán en ambas as dúas marxes, o que contribuirá a mellorar a seguridade peonil na zona.

A nova estrutura consistirá nunha ponte de 25 metros de lonxitude total con catro vigas dobre T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor. O investimento da obra supera os 325 mil euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?