Coruña e Vigo levan perdido preto do 90% de pasaxeiros este ano

A Coruña perdeu máis de 76.000 pasaxeiros de cruceiros, o que representa unha caída do 92% en relación a 2019. O número de buques que fixeron escala tamén se reduciu, atracaron 55 buques menos. Mentras o porto de Vigo rexistrou unha tendencia similar cunha caída do 85%, é dicir, preto de 55.000 turistas menos e perdeu 25 escalas de cruceiros. Son datos de Portos do Estado recompilados por un estudo da UDC. No acumulado dos primeiros sete meses do ano os portos da Coruña e Vigo perderon máis de 130.000 pasaxeiros e só recibiron 12 cruceiros. O sector confía en remontar o prómixo ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha