Cos casos covid disparados, o Comité Clínico estuda se revisar as restricións actuais

0 minutes read

O número de casos de covid dispárase en certas zonas e en tramos de idade concretos, algo que preocupa a Consellería de Sanidade. O Comité Clínico tratará este asunto na xuntanza do vindeiro martes. Estudarán se revisan as restricións actuais e poderían decidir combinar medidas xerais con outras cirúrxicas para atallar a transmisión do virus. Así o asegurou este domingo un dos membros do Comité Clínico. As autoridades sanitarias pídenlle un esforzo adicional á xente máis nova para non ter que dar pasos atrás.