Cos resultados das europeas e das municipais o PP perdería a Xunta

Cun comportamento electoral como o das eleccións ao Parlamento Europeo, nas que o PSdeG foi o máis votado en Galicia cunha vantaxe de 14 puntos sobre o PP, a esquerda sería maioritaria na Cámara con sete escanos de marxe sobre a maioría absoluta. Nesta extrapolación os socialistas serían a primeira forza do lexislativo cunha vantaxe sobre o PP cimentada nos resultados da Coruña (10 escanos fronte a 8 populares) e Pontevedra (9 fronte a 7). En Lugo e en Ourense ambas formacións empatarían as seis.

Simulación europeas.

A extrapolación dos resultados das municipais, nas que o PP foi o máis votado no resultado global galego pero separado por menos dun punto do PSdeG, segunda forza, mantén os populares como grupo máis numeroso do Parlamento, pero sen posibilidade de cruzar o limiar dos 38 escanos da maioría absoluta.

Simulación municipais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha