Cospedal pediu a Villarejo “parar” a publicación dos ‘papeis’ de Bárcenas


Así o revelou o diario El País, que publicou un audio dunha conversación entre Cospedal e Villarejo que se produciu o 20 de xaneiro de 2013, despois de que o 18 de xaneiro o diario El Mundo fixese unha publicación sobre que o pago de sobresueldos en negro a unha parte da cúpula do PP. Na conversación, gravada por Villarejo -requisóuse na súa vivenda por orde xudicial dentro da Operación Tándem-, Cospedal expresa a súa preocupación porque os ‘papeis de Bárcenas’, aos que denomina ” libretita”, estivesen en poder de xornalistas, e cuestionaba se estes tiñan unha lista dos supostos beneficiarios dos sobresueldos. “A libretita… sería mellor podela parar”, pide Cospedal a Villarejo, que tenta tranquilizala e dille que non se preocupe, que vai estar “ao loro” do tema. No diálogo, Villarejo expresa tamén a Cospedal que teñen que “anticiparse á xogada”, no que ela está de acordo e di: “É o máis importante”.