Os concellos da Costa da Morte queren facer do seu territorio unha referencia en turismo astronómico e con tal fin sentaron as bases en Vimianzo para optar á certificación Destino Starlight.
O ente público-privado Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) considera que isto se axusta aos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo da Costa da Morte. A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, e tamén alcaldesa de Vimianzo, afirmou que este é un proxecto que exerce como “elemento unificador e diferenciador do xeodestino”. «Debemos aproveitar esta ocasión”. Debemos seguir esta liña de cooperación para desenvolver novas iniciativas porque “xuntos somos mellores”, concluíu.
O proxecto contará co apoio da Deputación da Coruña, así o fixo saber o vicepresidente e deputado de Turismo provincial, Xosé Regueira, quen dixo que é “un elemento sustentable e innovador, que vai diversificar o produto no xeodestino e tamén permitir seleccionar un perfil de turista de calidade”.
Interviron tamén, Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Salvador Bará Viñas, profesor de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, así como Ana Teresa Cimas Hernando, xefa da Área Provincial Turismo de Galicia.