«Costa da Morte – Terra Atlántica» nova marca de calidade para a comarca

Casa da Cultura Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu unha xornada informativa sobre «Costa da Morte – Terra Atlántica», unha nova marca de calidade da comarca, promovida polo GDR Costa da Morte. Ao acto acudiron empresarios, institucións e entidades da zona que aínda non se mostraban confiados con esta nova marca.

O presidente do GDR Manuel Muíño, así como o xerente José Antonio Vila, apostaron por esta nova imaxe debido á “importante demanda no tecido empresarial”. Unha marca coa que pretenden proxectar a calidade dos produtos e servizos da comarca, contando coa credibilidade que lle outorga estar baixo unha entidade supramunicipal que integra a 17 concellos. Aínda así, desde o GDR salientaron que «as empresas teñen que implicarse, porque sen elas todo isto non serve para nada».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha