Costas abre o prazo para instalar servizos de tempada nas praias o próximo 2022

1 minutes read
  • As persoas interesadas teñen ata o próximo día 27 de xaneiro para formalizar a solicitude

Xa está aberto o prazo para solicitar as autorizacións de cara á prestación de servizos de tempada en terreos de dominio público marítimo-terrestre como quioscos expendedores de bebida, hidropedais, hamacas ou terrazas; así como servizos de formación e ensinanza de modalidades como o surf ou longboard nas praias.

Os interesados teñen ata o día 27 do próximo mes de xaneiro para formalizar a petición. No caso particular de terrazas sobre paseos marítimos vinculadas a establecementos permanentes, as solicitudes poderán presentarse ata o último día do segundo mes anterior ao que se pretenda iniciar a actividade.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poden presentar a súa solicitude no Rexistro do seu Concello.