Costas inicia a limpeza das marxes dos ríos Mendo e Mandeo en Betanzos

Foto.- Cedida.

Costas iniciou a limpeza das marxes dos ríos Mendo e Mandeo ao longo da zona urbana de Betanzos. Xunto cun plan de desinfección de espazos públicos que se realiza a diario e un programa de roza de vías municipais que se executa tanto por operarios municipais como por empresas externas na zona rural e no núcleo urbano, o goberno local tiña entre os seus obxectivos o acondicionamento das marxes dos ríos, máis se cabe, tendo en conta que é, fundamentalmente, durante esta época do ano, nos que se pode realizar esta limpeza polo descenso do caudal.

Neste sentido, a alcaldesa, María Barral, trasladou ao máximo responsable da Demarcación de Costas do Estado, Rafael  Eimil, a necesidade de acometer estes traballos.  Froito desas conversacións, Costas do Estado acaba de iniciar os traballos de limpeza, entre a ponte Vella e a zona do Carregal (ríos Mandeo e Mendo). Os traballos prolongaranse por espazo de varios días, retirando toda clase de refugallos e maleza da zona. A primeira edil destacou a colaboración e disposición da Demarcación de Costas por “acondicionar as marxes do tramo urbano” dentro das posibilidades orzamentarias que se dispón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha