Costas remata os traballos de reforzo do Malecón de Ponteceso


O malecón de Ponteceso quedou totalmente aberto para os camiñantes. O Alcalde, Lois García, agradeceu os traballos a Costas del Estado e supervisou o remate dos traballos do paseo. A actuación consistiu na reparación, reforzo e reposición da cimentación da escollera de protección do malecón nunha lonxitude aproximada de 15 metros en tres tramos diferentes. Completouse coa escavación, saneo e reposición do pavimento de solo cemento nunha superficie de 50 metros cadrados. O orzamento da actuación foi de 20.000 euros.