Coté | 6 anos de cadea e 3,3 millóns de indemnizacións

1 minutes read

José Manuel López, coñecido como Coté, tivo que asumir que se fixo pasar por médico cando non o era, que falseou documentos e que lles causou lesións a 129 persoas que acudiron á súa consulta de Ferrol. Pola súa banda, as acusacións retiraron os delitos de homicidio por imprudencia e de lesións gravosas. Coté aceptou 6 anos de cadea e o pagamento dunha indemnización de tres millóns trescentos mil euros. Este foi o acordo ao que chegaron todas as partes, incluídos os avogados dos colexios de fisioterapeutas de Galicia e España. Desde a asociación de vítimas din estar satisfeitos por poder pechar este duro capítulo das súas vidas.