Covid-19 | A OMS alarmada polo repunte de contaxios en Europa

Cedida.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) advirte de que a transmisión do coronavirus en Europa é alarmante. Mentres algúns países impoñen novas restricións e confinamentos selectivos, o responsable do organismo no Vello Continente pediu «coherencia rexional» e «acción coordinada» para facer fronte a esta seria situación. Espera que os malos datos de setembro sirvan de «toque de atención». O Reino Unido pon en marcha, este venres, novas restricións no nordés de Inglaterra, para frear un forte aumento dos contaxios. Os residentes non poderán socializar máis aló do núcleo familiar, os pubs deberán pechar ás dez e en bares e restaurantes só haberá servizo de mesas. Mentres uns perden parte da súa liberdade, outros retoman as súas rutinas, aínda que con novas normas. En Portugal, volveron a clase todos os alumnos que aínda non o facían, neste inicio de curso graduado, que empezou o luns. Portugal acumula 6.396 positivos e 1.888 falecidos.