Galicia rexistra un total de 4.259 casos activos por coronavirus

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • No referido ao ámbito escolar non hai pechado ningún centro, pero 37 aulas están clausuradas

A Consellería de Sanidade comunicou este xoves un leve repunte de positivos na comunidade galega, polo que as cifras totais de contaxiados se sitúan nos 4.259 positivos, 8 máis que este pasado mércores.

Deles 964 son da área da Coruña, 524 da de Lugo, 799 da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 514 da área de Vigo, 534 da de Santiago, e 129 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están na UCI, 203 en unidades de hospitalización e 4.023 no domicilio. Polo de agora en Galicia hai un total de 19.129 persoas curadas, rexistrándose 747 falecementos. O número de PCR realizadas é de 486.731.

No referido ao ámbito escolar non hai pechado ningún centro, pero 37 aulas están clausuradas.