Covid-19 | Aumentan a 591 os casos activos en Galicia

0 minutes read

Galicia rexistrou este domingo 591 casos activos de coronavirus, 58 máis ca o sábado. A Coruña segue a ser a área sanitaria con máis casos activos, sumando 56 nas últimas horas. O número de falecidos ascende a 621, tras coñecerse a morte dunha muller de 83 anos que estaba ingresada no hospital da Mariña e que tiña patoloxías previas.