Covid-19 | Confirmados 77 casos en Carballo e 31 na Laracha

1 minutes read

Son os datos ofrecidos este xoves pola xerencia da área sanitaria de A Coruña e Cee que se suman aos 18 en Ponteceso, 12 en Cee, 11 en Cerceda, 8 en Laxe e 8 en Malpica. Cabe lembrar que desde a pasada media noite, están en vigor novas restricións en Santa Comba, Carballo e A Laracha. Limítase a mobilidade nas residencias, non haberá reunións de máis de 10 persoas, agás escolas e centros de traballo, e limítase a capacidade na hostalaría, vodas e enterros. A máscara pasa a ser obrigatoria nos ximnasios. Na comarca de Bergantiños, a Xunta considera que o gromo está bastante delimitado e que pode ser controlado se se aplican ben estas restricións. Desde os concellos afectados botan de menos unha transparencia desexable por parte do Sergas a hora de facilitar os datos concretos de afectados, contribuíndo deste xeito a xerar incerteza, preocupación e nerviosismo na sociedade en xeral.