Covid-19 España | Baixa o número diario de falecidos a cifras récord

Foto Coronavirus_Arquivo

O número de mortos por coronavirus en España baixa da cifra psicolóxica dos cen, e malia seguir sendo tráxica sitúase en 87 falecidos nas últimas 24 horas. Un novo descenso diario respecto ao sábado, cando se confirmatron 102 decesos, a agora é a cifra máis baixa desde o 16 de marzo que houbo 21.

 O número total de mortos é de 27.650 persoas. Hai cinco comunidades que non comunican falecidos. Son Aragón, As Canarias, Murcia e Ceuta e Melilla. 

Os casos positivos por PCR son 231.350, con 421 novos o que tamén supón un descenso de máis de 100 sobre a xornada anterior. A porcentaxe de incremento sitúase no 0.18 por cento.

Houbo 327 novas hospitalizacións e 28 doentes precisaron o ingreso en UCI. O número de profesionais sanitarios con tests positivos é de 50.938.

 Case 150 mil persoas superaron o coronavirus, con 2.719 altas hospitalarias nas útimas horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha