0
O número de falecidos diarios mantense por enriba dos 200, segundo os datos oficiais do Ministerio de Sanidade. Semella que haxa unha estabilización no número de vítimas mortais diarias, porque leva días por debaixo dos 300.
A cifra de mortos comunicada este venres en España volve subir lixeiramente respecto da publicada onte. Hoxe son 229, fronte aos 213 publicados onte. As cifras máis baixas desde o día 10 de marzo rexistraronse o domingo pasado e o luns, con 164 falecidos cada un destes días. O total de persoas que morreron ata agora vítimas do coronavirus é de 26.299.