España volveu a rexistrar un importante descenso no número diario de falecidos. O Goberno informou de que 399 persoas morreron por COVID-19, fronte ás 410 de este domingo. É a cifra máis baixa desde o 22 de marzo, cando se contabilizaron 349. En total perderon a vida 20.852 persoas desde o comezo do brote do novo virus en España. Este novo descenso nas mortes confirma a tendencia, aínda que se espera que os números repunten os próximos días polo reaxuste de cifras da fin de semana.
España superou este luns os 200.000 casos por coronavirus. Rexistráronse 4.266 novos casos, que suman 200.210, cun incremento diario dos contaxios do 2,2 por cento. Ademais, 80.587 persoas foron dadas de alta, o que supón xa un 40,25 por cento de todos os casos rexistrados. Nas últimas 24 horas rexistráronse 2.695 persoas dadas de alta, en comparación coas 1.699 do domingo.
Nos últimos días, o número de curados supera o de hospitalizados, o que deu un importante respiro ás unidades de coidados intensivos dos hospitais españois. O país prepárase para a desescalada despois de máis dun mes de estrito confinamento. Os nenos de ata 12 anos terán permiso para saír á rúa para partir do 27 de abril tras 44 días de illamento en casa coas súas familias.