Covid-19 | España rexistra 276 mortos nas últimas 24 horas

0 minutes read

Os datos das últimas 24 horas veñen a referendar o acontecido nos últimos días. O número de falecementos superou os 25.000 pero a cifra diaria mantívose por debaixo dos trescentos (276). Cataluña, con 76 falecidos, e Madrid, con 70, son as máis castigadas.

Tamén a relación entre curados e contaxiados segue na mesma tendencia. Déronse de alta 2.570 persoas e xa pasaron a enfermidade un total de 117.248. Os contaxios acadaron a cifra máis baixa diaria das últimas semanas con 1.147 ratificando a caída dos últimos días e unha porcentaxe do 0’53%.