COVID-19 Galicia: 1.171 casos e 607 falecementos

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • O número de persoas recuperadas ascende a 9.204

Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, o número de casos activos por coronavirus en Galicia ascende a 1.171, dos cales 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 126.758.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha