COVID-19 Galicia: 1.510 casos activos e 606 falecementos

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

O número de casos activos pola COVID-19 en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 en Vigo, 244 de Santiago e 65 da de Ferrol.

O número total de falecidos por coronavirus en Galicia é de 606 persoas, con catro falecementos que se engadiron nas últimas horas ao reconto oficial. Tres homes que estiveron ingresados en Santiago, un de 78, outro de 73 e un máis de 70 anos. Ademáis tamén se contabiliza outra vìtima mortal, un home de 91 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense.

Do total de doentes ingresados 19 permanecen na UCI, 102 en unidades de hospitalización e máis de 1.300 nos seus domicilios. Xa se realizaron un total de 124.108 probas de PCR. Do total de 604 falecidos, 132 morreron en residencias de maiores e outros 137 en residencias integradas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha