Covid-19 Galicia | 2074 infectados e 601 mortos

1 minutes read

Nas últimas 24 horas produciuse unha redución de 105 casos activos de coronavirus en Galicia, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, co que a cifra total de contaxios activos sitúase en 2.074 persoas. O número de vítimas supera xa os seis centenares e ascende a 601 falecidos, con catro rexistrados nas últimas 24 horas. Do total de pacientes positivos, 21 permanecen na UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. A cifra de pacientes curados ascende a 8.157.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?