COVID-19 Galicia | 3.486 casos activos e 555 falecidos

Foto Coronavirus_Arquivo

Os últimos datos oficiais da pandemia de coronavirus en Galicia reflicten cambios significativos, tanto no número de casos activos como no de persoas curadas ou hospitalizadas. Estas últimas descenden de forma acusada nas últimas 24 horas, con 148 pacientes menos en unidades de hospitalización e 26 menos en UCI.

Por primeira vez desde hai case mes e medio, o mércores non se rexistrou ningún falecemento en Galicia. Porén, este xoves faleceron 8 persoas nos hospitais galegos, o que sitúa o número total de vítimas mortais en 555.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha