COVID-19 Galicia: 372 persoas falecidas

1 minutes read
  • Galicia rexistra 5.939 casos e 1.186 persoas xa recibiron a alta médica.

A cifra de mortos pola pandemia de coronavirus en Galicia é de 372 persoas, nas últimas 24 horas houbo nove falecementos, catro deles de anciáns usuarios de residencias. Do total de falecidos, 158 eran persoas de centros residenciais. A cifra de infectados é de 5.939 persoas. Supón un lixeiro repunte porque son 106 casos máis ca na xornada deste domingo, cando o número de contaxiados se incrementara respecto do sábado en 86 persoas. Do total de enfermos, 1.339 son usuarios ou traballadores de centros residenciais. Deles, 923 son usuarios e supoñen, segundo destaca a Consellería de Sanidade, o 3,7 por cento do  total de persoas residentes rexistradas en Galicia.