38
Os novos casos son: dous homes de 74 e 91 anos que estaban ingresados no Clínico de Santiago e no hospital de Lugo, unha muller de 81 do hospital compostelán La Rosaleda e outra de 80 diagnosticada no Complexo Hospitalario da Coruña. Neste mesmo hospital estaba a primeira vítima notificada este domingo, un home de 82 anos.