COVID-19 Galicia: 773 casos activos e 615 falecementos

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

Continúa reducíndose o número de casos activos de coronavirus en Galicia, con 773 a día de hoxe, 26 menos que os contabilizados onte. Ademais, nas últimas 24 horas recuperáronse 16 usuarios das residencias, co que a cifra total de afectados dos centros residenciais baixa da centena, con 52 usuarios afectados na actualidade e 46 traballadores.

Así mesmo, mantense en 615 a cifra de falecidos, sen que se rexistrara ningún morto desde o pasado martes.

Mantéñense, desde hai dous días, cinco pacientes en UCI, e tamén os 37 que están ingresados en plantas hospitalarias. Descenden en 26 os pacientes a seguimento en domicilio, que pasan a ser 731. Entre onte e hoxe curaron 47 persoas, co que a cifra total dos que superaron a enfermidade en Galicia é de 9.896.

O número de PCR realizadas ascende a 140.225, 1.232 na xornada de onte.