Covid-19 Galicia | O número de falecidos ascende a 2.370

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

Sanidade notificou este martes o falecemento dunha persoa que fora diagnosticada por coronavirus. Con ela, o número total de vítimas ascende a 2.370 dende o comezo da pandemia en Galicia. O deceso é o dun home de 60 anos que falecía o luns no CHUO. Segundo informa Saúde Pública, presentaba patoloxías previas.