40
Galicia avanza a un ritmo de contaxios diario de máis de cento cincuenta, polo que entraron en vigor medidas restritivas a locais de lecer e restauración e limitacións a fumar na vía pública, ademais de desaconsellar reunións entre persoas que non convivan, para frear a propagación da pandemia de covid-19. A área da Coruña, con máis de 60 % do total de infectados en Galicia, converteuse no principal foco da epidemia e as autoridades esperan que as medidas restritivas contribúan a diminuir a expansión da epidemia.
Entre as novas medidas en vigor adoptadas polo Consello da Xunta para a prevención da COVID-19, cabe destacar o seguinte:
- O consumo de tabaco na vía pública, espazos ao aire libre e terrazas poderá realizarse sempre que poida garantirse a distancia de 2 metros con outras persoas.
- Nas reunións de grupos de persoas en espazos privados, abertos ou pechados, recoméndase o uso de máscara, o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de hixiene.
- Dentro dos locais privados poderá realizarse o consumo na barra ou en mesa, garantindo sempre a distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
- O acceso aos locais de hostalaría de restauración estará permitido ata as 00.00 horas, e o peche deberá realizarse como máximo as 01.00 horas.
- Discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, permanecerán pechados.
E ademais recoméndase
- Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable.
- Limitar os encontros sociais a un máximo de dez persoas.