COVID-19 Galicia | Tres falecidos e case 200 infectados

1 minutes read

As últimas cifras de infectados en Galicia rexistran 189 casos e 3 vítimas mortais: dúas persoas, de idade avanzada, con varias patoloxías previas que deron positivo na proba de coronavirus faleceron este sábado en Vigo e Pontevedra. O terceiro falecido, este luns, estaba ingresado no CHUAC, foi o primeiro diagnosticado con coronavirus en Galicia, tiña 49 anos e chegara dende Madrid a A Coruña para realizar unha entrevista de traballo. Nos tres casos tiveran contacto con infectados de fóra de Galicia.

Das 189 persoas que hai infectadas nestes momento, 8 delas están na UCI, 33 en unidades de hospitalización e 148 no seu domicilio. Nestes casos algúns dos pacientes están sendo atendidos xa de xeito remoto a través da plataforma TELEA, coa que profesionais sanitarios fan o seguimento diario de temperatura, frecuencia cardiaca e outros parámetros que os propios doentes rexistran na aplicación ou comunican por teléfono. Nestes equipos tamén se integran os profesionais que acoden ás casas para a toma de mostras. Por áreas sanitarias, os casos que hai ata o momento distribúense do seguinte xeito: 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.
Ademais destes casos hai xa 4 persoas dadas de alta no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.