Covid-19 Galicia | Menos de 100 hospitalizados e 608 mortos en total

1 minutes read

Galicia rexistrou unha única morte nas tres últimas xornadas, o que sitúa a cifra total de vítimas en 608. O último falecemento é o dun home de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC.

Continúa o descenso de casos activos, que se sitúan en 990.

Nas residencias houbo unha notable redución de enfermos entre os usuarios, na actualidade 125, e tamén entre os profesionais, con 100 contaxiados.

Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas. O número de PCR realizadas é de 128.856.