COVID-19 Galicia | Primeiro día sen falecidos nos hospitais galegos desde o 17 de marzo

Foto Coronavirus_Arquivo

Segundo os últimos datos oficiais do Sergas, Galicia non rexistrou ningunha morte nos hospitais durante a xornada deste mércores. Sería a primeira vez que se produce esta situación dende o 17 de marzo. Galicia rexistraba o seu primeiro falecido o 14 de marzo.

A cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas do martes. O mesmo ocorre coas vítimas mortais en residencias de maiores, que se informan unha vez ao día. Na comunicación deste mércores non se informou de novos falecementos. Sería, pois, o primeiro día no que os hospitais galegos non comunican novos mortos desde que se iniciase a emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha