Covid 19 | Galicia rexistra 138 mortos e máis de 4.000 contaxios

Foto Coronavirus_Arquivo

138 persoas diagnositicadas de coronavirus faleceron en Galicia, segundo o reconto oficial da Consellería de Sanidade.

Nas últimas horas coñecíase a morte de 8 persoas diagnosticadas con coronavirus. Catro homes de 74, 81, 80 e 89 anos e unha muller de 93 que estaban ingresados no Álvaro Cunqueiro; un varón de 75 anos ingresado no HULA; e dúas mulleres de 87 e 86 anos ingresadas no Rosaleda e no CHUS, respectivamente.

O número de casos rexistrados ascende a 4.379, cun incremento de 321 respecto da xornada deste mércores. Deles, 1.018 son da área de Vigo, 954 da da Coruña, 660 da de Ourense, 591 da de Santiago, 520 da de Lugo, 393 da de Pontevedra e 243 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, oito máis ca onte, 819 están en unidades de hospitalización (12 menos ca no reconto anterior) e 3.395, 301 máis, están no domicilio.

O número de altas ascende a 333, cun incremento de 74 respecto a onte.

O número de PCR realizadas é de 21.360.

A Xunta destaca que a proporción de letalidade respecto aos infectados é a máis baixa das comunidades autónomas.