Covid-19 Galicia | 2808 casos activos e 582 mortos

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

A cifra de vítimas mortais do coronavirus en Galicia ascende a 582 persoas, logo dos nove falecementos certificados polo Sergas nas últimas 24 horas. Seis desas nove vítimas eran usuarios de residencias.

O número de casos activos apenas variou desde onte. Hai 2.808 contaxiados activos, 11 menos ca na xornada de onte. O que si variou substancialmente é a relación de casos nas áreas sanitarias de Vigo, con 85 contaxiados activos máis, e de Ourense, con 79 menos.