Covid-19 | Galicia suma 159 mortos e 4.635 casos

1 minutes read

Na última actualización feita pública pola Xunta de Galicia, o número de casos de coronavirus na comunidade ascende a 4.635 e 159 mortos. A cifra amosa un menor crecemento de contaxios ca na xornada anterior, cando o salto foi de 321 novos casos.

Do número total de infectados, 1.049 son da área de Vigo, 990 da da Coruña, 694 da de Ourense, 675 da de Santiago, 533 da de Lugo, 425 da de Pontevedra e 269 da de Ferrol. 

Máis do 75 por cento dos pacientes positivos, ata un total de 3.589, permanecen no seu domicilio. 176 están na UCI e 870 en unidades de hospitalización. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 435 altas de pacientes. O número de PCR realizadas é de 23.324.