Covid-19 | Galicia suma 224 mortos e máis de 5.000 casos

Foto Coronavirus_Arquivo

As últimas cifras de vítimas mortais en Galicia elevan o total a 224 falecementos: Nas últimas horas 25 deles producíronse nos hospitais e 5 nas residencias de anciáns. De novo, o maior número de mortes produciuse na área sanitaria da Coruña, onde se rexistran en total 49. As últimas vítimas son dous homes e catro mulleres.

En Ferrol, unha das áreas sanitarias que menos casos rexistraba con 10 falecementos, morreron dúas persoas máis que este sábado: un home de 64 e unha muller de 66.

En Vigo, un nova morte no Álvaro Cunqueiro e dúas en Povisa eleva a 35 os falecementos.

Ourense rexistrou nas últimas horas tres mortes no hospital da cidade: unha muller de 84 anos outra de 55 e un home de 94. E unha morte máis no hospital do Barco de Valdeorras, dunha muller de 82 anos.