Covid-19 | Goberno central e Comunidade de Madrid alcanzaron un principio de acordo

O Goberno central e a Comunidade de Madrid alcanzaron un principio de acordo, no marco do Grupo Covid-19, en que se propón que para os municipios por encima dos 100.000 habitantes se estableza un criterio homoxéneo para aplicar restricións tanto na autonomía como no resto de España. Para municipios de menos de 100.000 habitantes, serán as autonomías as que tomarán a decisión sobre posibles restricións atendendo ás normativas e protocolos no ámbito estatal. Así o avanzou en conferencia de prensa o ministro de Sanidade, Salvador Illa, tras a reunión do Grupo COVID-19 celebrada entre o Goberno central e os responsables da Comunidad de Madrid. O principio de acordo chegou na terceira reunión do Grupo COVID-19 celebrada este martes, que durou ao redor de dúas horas. Forman parte do mesmo o ministro de Sanidade, Salvador Illa; a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias; o vicepresidente e portavoz da Comunidad de Madrid, Ignacio Aguado; e o conselleiro madrileño de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha