43
Unha muller de 37 anos, embarazada de varios meses, con febre e outros síntomas, acudiu este pasado sábado ao centro médico de Carballo, onde foi atendida e derivada ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Ao ingresar realizáronlle as probas de detección do Covid-19, dando positivo e quedando illada. Segundo fontes sanitarias este domingo practicáronlle unha cesárea para extraerlle a criatura, pero xurdiron diversas complicacións e tanto a muller como o bebé que esperaba faleceron.