Tras a evolución do Covid-19, con numerosos rebrotes por todo o territorio nos últimos días, o concello de Carballo e o CCA Carballo decidiron suspender o Market Razo programado para o día 22 de agosto e o mercadillo previsto para o 19 de setembro.
O CCA emitiu un comunicado este mércores informando da decisión tomada por ambas entidades.
Non obstante pensan que si deben organizar actividades que poidan reunir todas as medidas de seguridade, aforo e desinfección que as circunstacias actuais esixen.
Por elo o CCA Carballo organiza un mercadillo nas propias tendas dos participantes que se desenvolverá o venres 28 de agosto, o sábado 29 de agosto e o domingo 30 de agosto.
O horario desta actividade será de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas o venres e o sábado e de 10:00 a 14:00 horas o domingo.
A participación neste mercadillo será gratuíta para os asociados.
Os establecementos que desexen participar deberán inscribirse ata o domingo 9 de agosto.