COVID-19 | O mundo paralízase ante o seu avance

2 minutes read

Ata o momento Reino Unido confirmou máis de 4.300 falecidos por coronavirus, 708 este sábado. Con estas cifras, o país rexistra o maior número de mortes nun día. «Debes quedarche na casa para protexer ao servizo nacional de saúde e para salvar vidas. Aínda que tente facelo, por favor non saias», pediu á poboación Michael Gove, ministro do Gabinete en Reino Unido. Os últimos datos elevan o total de contagios a máis de 41.900. Para protexerse da pandemia, a raíña Isabel II atopou refuxio no castelo de Windsor e atende de forma telemática as súas obrigacións. Este domingo Buckingham anunciou que a raíña Isabel II dará un histórico discurso á nación por televisión e radio cargado de palabras de ánimo. É a cuarta vez en todo o seu reinado que se dirixe nestes termos ao conxunto da poboación británica.

A pandemia golpea Nova York

Nova York rompe o record consecutivo con máis de 10.000 novos casos e 630 mortes por coronavirus nun día. As arrepiantes cifras rozan os case 114.000 contagios e máis de 3.500 vítimas mortais. O Gobernador asinou unha orde para permitir que os estudantes de medicina graduados na primavera poidan axudar na loita contra a pandemia. Ademais afirmou que a cidade se está achegando ao pico da curva de contagios e tachou a situación de desastre nacional.

París deserto

As rúas da capital francesa están irrecoñecibles. Desertas sen o trafego usual dos seus máis de máis de 2 millóns de habitantes. Os parisienses acatan as medidas de confinamento ditadas polo Goberno. O país supera os 82.000 contaxios e conta con máis de 7.500 mortes. Coincidindo co comezo das vacacións escolares, as autoridades locais han prohibido o aluguer aloxamentos turísticos por medo a desprazamentos cara ás zonas de costa.