Galicia ten 3.640 casos activos por coronavirus. O último informe da consellería de Sanidade reflicte un incremeto de 156 casos con respecto ao pasado domingo. Por áreas sanitarias, segue á cabeza A Coruña, con 1.392 (+10). Lugo rexistra un total de 730 (+55), Ourense 340 (+16), Pontevedra 226 (+8), Vigo 237 (+23), Santiago 582 (+42) e Ferrol 133 (+2). En total, faleceron 643 persoas en Galicia dende o inicio da pandemia. As dúas últimas mortes son as dun home de 90 anos, usuario da residencia do Incio e ingresado no HULA, e unha muller de 89 anos, ingresada no Hospital de Cee, ambos con patoloxías previas. A elas súmase a dunha muller de 93 anos que faleceu na tarde do domingo e que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti.
44