Nunha nota de prensa enviada aos medios de comunicación, Terra Galega comenta do seguinte xeito o seu punto de vista a cerca da xestión do grupo de Goberno en relación á crise do coronavirus en Carballo:
- Creouse unha comisión de seguimento seguindo as recomendacións da Fegamp o 18 de marzo, e desde TEGA botamos en falta a dous concelleiros con adicación exclusiva coma son a Concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade e o Concelleiro de Cultura e Deporte, ademais como se fixo noutros concellos faltaría un representante da cada grupo da oposición. Por outra parte, pareceunos acertado nesta comisión a inclusión do informático do Concello.
- Desde o día 31 de marzo, non recibimos por parte do Alcalde ningunha comunicación sobre o coronavirus, ata esa data recibimos uns cantos e-mails cos decretos publicados no Boe (non é necesario, pois temos acceso o Boe), algunha comunicación da Fegamp e a Xunta de Galicia. Parece que foi entrar no mes de abril e o Grupo de Goberno púxose en modo vacacións.
- A día de hoxe, tampoco sabemos como resolveu o grupo de Goberno os contratos públicos de servizos e de suministros de prestación sucesiva, e que están suspendidos, e polo tanto non están sendo executados, desde Terra Galega queremos saber se vai a pagar a totalidade da factura ou dar algunha alternativa para que ditas empresas non vaian a un erte…xa que a lei de contratación é moi clara se non hai servizo non se paga.
- Para ser un Concello que ten 13 millóns de remanente e 1,3 millóns de superávit da liquidación do ano 2019 tan só en materia económica este Concello pola crise do coronavirus pospuxo os cobros do impostos de vehículos e as taxas de lixo e vaos ata que se levante o estado de alarma e concede unha axuda para os comedores escolares que complementará ao da Xunta, polo tanto podemos decir que non fixo os deberes. Desde Terra Galega propoñemos poñer en marcha políticas de axuda e apoio o pequeno comercio e os autónomos que sirvan para a recuperación destes, unha vez que xa se perdeu á Semana Santa e amenaza con tamén dinamitar o verán, tirando de remanente como xa están a facer otros concellos e que complementen os plans que poñan en práctica outras administracións, chámense Estado, Xunta de Galicia ou Deputación de A Coruña, estas poden ser entre outras:
- Pagar unha parte das cotas de alugueres ou créditos.
- Pagar unha parte das cotas da Seguridade Social de aqueles comerciantes ou autónomos que non vaian a un erte.
- Pedimos tamén ao grupo de Goberno que todo o contido referido a crise do coronavirus se centralice nun banner específico para facilitar a transparencia e o acceso á información.
Para rematar queremos dar ánimo a todos aqueles que perderon a un ser querido, sexa familiar ou amigo, pronta recuperación a aqueles que están convalecentes no Hospital, transmitir tamén, apoio a todos aqueles que están cumplindo co confinamento e dar as grazas a todo o persoal sanitario, corpos de seguridade, traballadores de servizos esenciais…polo seu magnífico traballo.