44
A primeira vítima mortal por coronavirus que se rexistra en Galicia desde o pasado 10 de xuño é unha muller de Ourense de 91 anos, falecida este venres, e que tiña varias patoloxías previas. Trátase en concreto, esta persoa falecida, dunha das infectadas polo brote detectado no concello ourensán de Vilar de Barrio.