COVID-19 Galicia: 3 novos positivos elevan a 121 os casos por coronavirus en A Mariña

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • Polo de agora en Galicia hai un total de 256 afectados

A Consellería de Sanidade comunicou este martes un total de 3 novos casos positivos de persoas afectadas por covid-19 no brote de A Mariña, o que eleva a 131 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica. Aínda así, dez persoas xa están curadas e foron dadas de alta, o que implica que o número de casos activos de Covid-19 nestes momentos na comarca de A Mariña é de 121.

Do total de casos activos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Con respecto ao número de casos en Galicia, o Sergas informou de que a día de hoxe hai 256 persoas afectadas en toda a comunidade autónoma. Deles 24 son da área da Coruña, 151 da de Lugo, 3 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 60 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.817 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 201.666.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha