COVID-19 Galicia: 6.142 casos confirmados e 429 falecidos

Foto Coronavirus_Arquivo

  • Na comunidade galega rexistráronse 1.456 altas de pacientes

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade actualizou o número de casos activos por coronavirus en Galicia que ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 429 falecementos. O número de PCR realizadas é de 57.400.

CENTROS RESIDENCIAIS. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 4% do total das persoas residentes. Do total de persoas afectadas, 6.142, hai 983 usuarios das residencias infectados así coma 422 sanitarios.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas