Covid | Illados na casa os tripulantes dun pesqueiro de Laxe


O barco San Manuel, con base no porto de Laxe, estaba a traballar no Grove e tivo que regresar a base tras dar positivo o pasado domingo un compañeiro que desta volta quedara en terra, pero que tivera contacto co resto da tripulación os días previos. As probas realizadas o mércores no hospital do Barbanza confirmarban este xoves outro positivo máis. Agora todos están en illamento domiciliario. Mentres tanto, o patrón do San Manuel xa iniciou as xestións para desinfectar canto antes o barco. Desde a lonxa confirman que se trata do primeiro caso detectado nunha das embarcacións da confraría de Laxe.