Crean unha organización para facer fronte aos retos municipalistas

1 minutes read

O novo municipalismo Galego xa está en marcha, unha trintena de partidos municipalistas de toda Galicia veñen de crear unha nova organización para facer fronte aos novos retos, no que xa se denomina a «Declaración de Touro». O nome da nova estrutura e Confederación Municipalista Repúblicana Galega. Da mesma forma parte a agrupación bergantiñá Xuntos Carballo, que terá un posto no novo Consello. A organización está aberta a novas adhesións.

As forzas municipais entenden que a pluralidade do electorado galego vai seguir representada nos concellos e será a base do cambio político que reverta o desmantelamento dos sectores produtivos e a precarización laboral e económica, que traerá máis privatizacións e recortes dos sectores públicos, especialmente na sanidade, na educación e na acción social. Así, as forzas reunidas van sumar esforzos para facer fronte á crise no ámbito político e social e darlles resposta aos diferentes problemas locais e globais en entidades supramunicipais.

A vontade de colaboración concrétase nunha confederación municipalista republicana galega, unha cooperativa onde por unha banda se comparten coñecementos e solucións aos diversos problemas do ámbito local no seu día a día e, por outra, se resolverán respostas conxuntas aos retos locais que requiran solución noutras administracións.

En definitiva, a Declaración de Touro recolle as bases para xuntar esforzos e cumprir cos compromisos acadados coa veciñanza en cada concello.

Participantes na iniciativa.