Crean a primeira unidade de drons para a busca de persoas

Créase a primeira unidade de Protección Civil de Galicia especializada na busca e no rescate de persoas a través de drons.

A unidade está en Maceda e responde a calquera alerta que xurda, a través do 112, en coordinación cos distintos servizos de emerxencias. Consta de tres pilotos e dous drons coas últimas novidades. Posúen cámara térmica e un zoom potente para poder localizar e rescatar as persoas no menor tempo posible. Trátase da primeira unidade que funcionaría na Península Ibérica, só hai unha destas características adscrita a Protección Civil nas Canarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha